Blogia
vgomez

DINOSAUROS AMERICANOS VII

Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Hadrosaurus, hoxe tóaclle ao…

7. Edmontosaurus

Edmontosaurus  é un xénero extinto coñecido de dinosauro ornitópodo hadrosáurido. Contén dúas especies coñecidas: Edmontosaurus regalis e Edmontosaurus annectens. Atopáronse fósiles de E. regalis en rochas do oeste de América do Norte que datan de fins do Campaniense hai 73 millóns de anos, mentres que as de E. annectens atopáronse na mesma rexión xeográfica, pero en rochas que datan de finais do Maastrichtiense, hai 66 millóns de anos.

Edmontosaurus foi un dos últimos dinosauros non aviarios, e viviu xunto a dinosauros como Triceratops, Tyrannosaurus e Pachycephalosaurus pouco antes da extinción masiva do Cretácico-Paleógeno.

Do mesmo xeito que outros hadrosaurios, as patas dianteiras eran menos fortes que as traseiras, pero igualmente o suficientemente longas como para ser usadas ao estar en pé ou en movemento. Polo que a súa posición bípeda ou tetrápoda variaba coa velocidade á que desexaba desprazarse ou se estaba detido. Posuía unha longa cola aplanada lateralmente e na súa gran cabeza tiña un amplo pico semiesférico similar ao dun pato na súa boca chea de pequenos dentes cos que trituraba o seu alimento.

As proporcións dos Edmontosaurus varían considerablemente segundo a especie e individuo, presentando tamaños en adultos que van desde os 9 metros con especímenes de 13 metros, ata os 14 metros de longo. Isto sumado a un peso estimado de aproximadamente 4 toneladas, polo que exhibían unha das maiores dimensións entre os hadrosáuridos.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Nobu Tamura/commons.wikimedia.org e Matt Martyniuk /es.wikipedia.org

Mañá o último dinosauro norteamericano!

0 comentarios