Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? II

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Hinduísmo (). É unha relixión henoteísta (crenza relixiosa segundo a cal recoñécese a existencia de varios deuses, pero só un deles é suficientemente digno de adoración por parte do fiel) tradicional da India. Considerada a máis antiga das grandes relixións do mundo aínda en práctica, o hinduísmo caracterízase por unha diversidade de sistemas de crenzas, prácticas e escrituras. Ten orixe na antiga cultura védica cerca de 3.000 a. C. Aínda que sexa xeralmente mencionado como unha relixión específica, o hinduísmo é máis correctamente descrito como un conxunto de relixións cunha linguaxe en común, pois ten pouca ou ningunha organización central ou base teolóxica compartida. As catro denominacións maiores do hinduismo son vaisnavismo, shivaísmo, shaktismo e smartismo.

Os elementos fundamentais do hinduísmo son a crencia en Brahman como principio supremo universal, o karma, a reencarnación e a liberación.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a relixión con máis seguidores do mundo?

- Budismo

- Cristianismo

- Hinduísmo

- Islam

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e significados.com

0 comentarios