CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? X
Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.
A contestación correcta á pregunta de onte era Lino. Coñecido tamén como Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79. Daquela, o título de Papa aínda non fora creado. O seu sucesor sería Anacleto.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Unha persoa ATEA é…
- A que non cre en nada
- Non cre na relixión
- Non cre na existencia de Deus
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios