KEM KANG NOI: A LECCIÓN DUN TSUNAMI
María Belón gozaba co seu marido e os seus fillos dunhas vacacións paradisíacas en Khao Lak, Tailandia, o 26 de decembro de 2004, nun día de sol, xogos e lectura tranquila xunto á piscina. Cando os paxaros comezaron a voar despavoridos e empezouse a escoitar un ruído atronador soubo que algo ía mal. Un “monstro negro”, tan alto como un edificio, alzouse ante os seus ollos, mentres os turistas e traballadores do hotel corrían e as palmeiras caían ao seu paso. Non sabía que se converterían na familia española que sobreviviu ao terrible maremoto de Sumatra-Andamán, con máis de 280.000 vítimas mortais e preto dun millón de persoas sen fogar.
A súa historia foi inmortalizada na multipremiada película O imposible, dirixida por J.A. Bayona. A pesar das feridas físicas e psicolóxicas que a súa familia foi soportando co paso do tempo, María Belón describe aquela experiencia como un “agasallo” da vida: “Hai un momento onde ti tes que decidir se esa dor complicada, situacións que non viviches nunca, o shock postraumático… Hai un momento, como un "Y" na túa vida, onde dis: ’Que fago? Quedo como vítima? Victimízome o resto da miña vida? Ou escollo a outra vía?’. Non hai medios camiños. E estoutra vía é dicir: ’Que fago para aprender o que a vida me quere ensinar?’".
0 comentarios