Blogia
vgomez

SOBRE A GRAVIDADE V

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol ".

Se onte falamos da gravidade no Sistema Solar, hoxe tócalle a…

5. Gravitón

Un gravitón é unha partícula elemental hipotética que transmitiría a interacción gravitatoria na maioría de modelos de gravidade cuántica. A partícula sen masa que “transportaría” a gravidade. Foi teorizada en 1930 por un grupo de científicos (Dmitri Ivanovich Blokhintsev e FM Gal’perinen), despois de varias complicacións coa creación dunha teoría do todo. Sabíase que a luz era un fotón; a carga negativa, un electrón; a masa, un bosón; pero dá igual o que tentasen, a gravidade non conectaba correctamente coas teorías. Para solucionar isto, tentaron asimilala a unha partícula. Aínda así, as súas matemáticas esborralábanse. Por esa razón ideouse a teoría de cordas, para poder facer cálculos precisos. De acordo coas propiedades do campo gravitatorio, o gravitón debe ser un bosón de espín par (2 neste caso), xa que está asociado a un campo clásico tensorial de segunda orde. En canto á masa do gravitón as medicións experimentais dan unha cota superior da orde de mg = 1,6 × 10−69 kg,​ aínda que podería ser exactamente cero.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org 

0 comentarios