CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XI
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Vitoria. É un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo. En termos de superfice, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco. Recibe principalmente as súas augas das precipitacións e de milleiros de pequenos regatos. O maior curso de auga que verte no lago é o río Kagera, cuxo delta está na costa oeste do lago; e só é drenado polo río Nilo preto de Jinja, na costa setentrional. O lago Vitoria ocupa unha depresión pouco profunda cunha profundidade máxima de 84 m é unha profundidade media de 40 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. O apartheid foi o sistema de segregación racial que consistía na creación de lugares separados, tanto habitacionais como académicos ou recreativos, para os diferentes grupos raciais, no poder exclusivo das persoas de pel branca para exercer o voto e na prohibición de matrimonios ou mesmo relacións sexuais entre brancos e negros. En que país africano existiu este sistema?
- Senegal
- Etiopía
- Botsuana
- Suráfrica
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe:
0 comentarios