Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXI

ENCRUCILLADO CXI

VERTICAIS: 1. Nome do castelo inglés onde foi enterrada, na cripta real, a raíña Isabel II hai uns días 2. Peixe da superorde dos teleósteos, de pequeno tamaño, arredor duns vinte centímetros, corpo alongado cunha cor azulada no lombo e prateada no ventre, que se consome habitualmente á vinagreta ou en conserva e de nome científico Engraulis encrasicholus  3. Bobina cilíndrica en forma de hélice que xera un campo magnético cando é atravesada por unha corrente eléctrica 4. Óso máis longo e groso dos dous que unen o xeonllo co pé 7. Elemento químico sólido, de cor gris metálica, moi velenoso e de símbolo As. 9. Planta herbácea da familia das poligonáceas, da que existen diversas especies silvestres ou cultivadas, de follas grosas e de sabor acedo, que se utiliza na cociña como condimento ou en ensaladas, e que ten tamén aplicacións medicinais.

HORIZONTAIS: 5. Ave da familia dos túrdidos, que existen varias especies, que se caracteriza por ter o lombo de cor parda e cinsenta e o ventre a pencas, e que se alimenta de bagas, caracois, miñocas e insectos 6. Uva, branca ou tinta, de sabor doce e fino, moi empregada na elaboración de viños 8. Golfo longo, estreito e de gran profundidade, resultado da inmersión dun val glaciar, propio de Escandinavia, Escocia e Groenlandia 10. Tipo de chan negro rico en humus (do 3 ao 13 %), ademais de selo en potasio, fósforo e microelementos, un dos máis fértiles para a agricultura, que Ucraína ten e polo que Rusia pelexa tamén. 

0 comentarios