Blogia
vgomez

AS TÚAS RAREZAS, A MIÚDO, SON AS TÚAS MELLORES FORTALEZAS



A maioría das persoas, ao longo da súa vida, acumulan cicatrices e feridas emocionais. Moitas veces ocúltanas, ás veces seguen doendo. Pero o psicólogo Tomás Navarro anima a levalas con orgullo: “Son signos da nosa fraxilidade, pero tamén da nosa fortaleza e beleza: demostran que fomos máis fortes que a adversidade”. Para ilustralo, Navarro baséase nunha centenaria técnica de cerámica xaponesa: o Kintsukuroi. Kintsukuroi é a arte xaponesa de recompoñer o que se rompeu. Cando unha peza de cerámica rompe, os mestres ceramistas repárana coidadosamente, enchendo as súas gretas con ouro. Deste xeito resaltan a súa reconstrución, pero tamén a beleza do que rexorde.

Tomás Navarro defínese como “un psicólogo un tanto atípico”, que ten como obxectivo “poñer a psicoloxía ao servizo do benestar das persoas”. Organiza sesións cos seus pacientes ao aire libre, rodeados do idílico paisaxe das montañas do Pirineo catalán. Alí tamén escribe. Nos seus libros profunda en ideas como aprender a aceptar a imperfección, levar a vida que un quere levar ou fortalecernos emocionalmente para afrontar a adversidade e saír reforzados. É licenciado en psicoloxía, formador, consultor de empresas e coach. Tamén é autor, entre outros, dos éxitos de vendas ‘Fortaleza Emocional’, ‘Kintsukuroi: a arte de curar feridas emocionais’ e ‘‘Wabi sabi: aprender a aceptar a imperfección’. O seu último libro, ‘Pensa bonito’, publicado en 2020, é unha guía para detectar os oito erros de pensamento máis frecuentes que nos impiden ter unha vida máis plena.

0 comentarios