CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XVII
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Burundi. É unha pequena nación de África Oriental, que carece de saída ao mar. Está rodeada por Ruanda, a República Democrática do Congo e Tanzania. Burundi ten un PIB per cápita de tan só 200 euros por habitante. Se miramos a evolución do PIB per cápita de Burundi podemos ver que decreceu desde 2020, cando era de 205 euros por habitante, ao contrario que ocorre respecto a 2011, cando era de 178 euros.
E imos coa pregunta de hoxe…
17. Cal é o páis máis rico de África?
- Nixeria
- Exipto
- Alxeria
- Marrocos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios