CANTO SABES SOBRE EUROPA XXII (FIN)
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é a) 1 Euro-3, b) 20 céntimos-1 e c) 20 céntimos-2.
A moeda de 1€ de Finlandia recolle o voo dunha parella de cisnes, obra do artista Pertti Mäkinen. A moeda de 20 céntimos de Austria mostra o barroco Palacio Belvedere, onde se asinou a soberanía do país en 1955. A moeda de 20 céntimos de Francia recolle o motivo da sementadora, unha constante na historia do franco francés, que foi deseñada por Laurent Jorlo.
E así remato esta serie, que foi unha primeira aproximación a Europa. Espero que fose útil.
Ata a próxima serie!
FONTE: ecb.europa.eu/euro Imaxes: ecb.europa.eu/euro
0 comentarios