ENCRUCILLADO CXIV
VERTICAIS: 1. Armazón de paus que se utilizaba para pescar no río 3. Persoa natural ou habitante de Betanzos (A Coruña) 5. Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado e de nome científico Betula pubescens 6. Persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.
HORIZONTAIS: 2. Capital e maior cidad de Arabia Saudita 4. Illa do mar Mediterráneo que se atopa a uns vinte quilómetros da cidade de Alacant, a uns 8 km do porto de Santa Pola e a pouco máis de 4.300 metros do cabo de Santa Pola (2,35 millas náuticas), sendo a máis grande da Comunidade Valenciana e a única habitada 7. Peixe da familia dos lófidos semellante ao peixe sapo, do que se diferencia especialmente pola membrana ventral branca e de nome científico Lophius piscatorius 8. Principal afluente do río Sil pola esquerda, no que desemboca, despois de percorrer 97 km polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo 9. Que actúa e fala cunha finura e delicadeza esaxerada 10. Montaña do suroeste da provincia de León, que acada os 2.188 m de altitude sobre o nivel do mar, sendo a cima máis elevada da cadea montañosa denominada Montes de León.
0 comentarios