Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é 35. Estes son por orde alfabética: Antiga e Barbuda, Arxentina, Bahamas, Barbados, Belice, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Dominica, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Granada, Guatemala, Güiana, Haití, Honduras, Xamaica, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, San Cristobo e Neves, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Surinam, Trinidad e Tobago, Uruguai e Venezuela. Tamén hai 25 dependencias ou territorios nom autogobernados (1 libre asociado, 10 dependencias de países como Reino Unido e Estados Unidos e 14 territorios integrados en países non americanos, como: Dinamarca, Francia e Países Baixos, por tanto son parte da Unión Europea así como parte da Rexión Ultra periférica da Unión Europea): Anguila, Aruba, Bermudas, Caribe Neerlandés, Illa Clipperton, Curazao, Groenlandia, Guadalupe, Güiana Francesa, Illas Caimán, Illas Xeorxias do Sur e Sándwich do Sur, Illas Malvinas, Illas Turcas e Caicos, Illas Vírxenes Británicas, Illas Vírxenes dos Estados Unidos, Martinica, Montserrat, Illa de Navaza, Porto Rico, Illa de Saba, San Bartolomé, San Martín, San Pedro e Miquelón, San Eustaquio.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o país máis grande de América?

- Estados Unidos

- Brasil

- Canadá

- Arxentina

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: mundoprimaria.com

0 comentarios