Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? IV

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é San Cristobo e Neves. É un país do norte antillano, en concreto das Illas de Barlovento, debendo o seu nome precisamente a este par de illas. Cristobal Colón colonizou estas illas na súa segunda viaxe a este continente, chamando á maior San Cristobo na honra ao colonizador de América e Nieves á segunda pola neve do seu cume (causada en realidade polas nubes), en alusión a un milagre da Virxe María coa advocación da nosa Señora das Neves e ocorrido no monte Esquilino, en Roma, no século IV. É o país máis pequeno do continente americano, tanto en tamaño como en poboación polo que é considerado un microestado. Posúen unha superficie de 261 km2 (San Cristóbal 1.688​ e Nieves 93)​ e unha poboación de 54.961 habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Basseterre, en San Cristobo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a montaña máis elevada de América?

- Pissis

- Aconcagua

- Benete Chico

- Huascarán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: Bjørn Christian Tørrissen/ es.wikipedia.org         

0 comentarios