Blogia
vgomez

SOMOS CONSCIENTES DO VALOR DUN BOSQUE?

 

As árbores están entre os seres vivos máis antigos que habitan o planeta Terra. Desde hai uns anos sucédense episodios de morte súbita e xeneralizada de árbores en bosques de todo o mundo. “A estrutura dos bosques en contornas coma a nosa e, en xeral, a maior parte das rexións do mundo, están moi afectados pola actividade humana”, asegura o profesor Paco Lloret. 

Catedrático de Ecoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona e investigador do do Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais, Paco Lloret leva décadas estudando o que está a pasar cos bosques. No seu último libro, ’A morte dos bosques’, o profesor percorre algúns dos rodais máis importantes de América, Europa e África para evidenciar os procesos que están a provocar o seu colapso. Máis aló do cambio climático, as secas ou os incendios, Lloret profunda no funcionamento dos bosques, na súa complexa dinámica interna ou o papel que xogan na biodiversidade. 

Escenario de contos e rituais, espazo para a espiritualidade ou a supervivencia, os bosques están intimamente ligados ao desenvolvemento humano. “Proporciónannos múltiples servizos, non só pola explotación da súa madeira, senón tamén pola súa capacidade de regular o clima e a provisión de auga", asegura Lloret que co seu traballo pretende axudar a preservar este legado natural.

0 comentarios