CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? VI
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtsé e o Misisipi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta. Nace na Crebada de Apacheta, rexión de Arequipa (Perú), e despois de percorrer 7.062 km por Perú, Colombia e Brasil, desemboca no océano Atlántico, na costa nordés de Brasil.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é o maior lago de auga doce de América?
- Lago Hurón
- Lago Michigan
- Lago Titicaca
- Lago Superior
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios