Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? VIII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Chile. O deserto de Atacama é o “lugar non polar máis árido da Terra”. Esténdese polo Norte Grande de Chile e por algunhas partes do Norte Chico de Chile, abarcando as rexións de Arica e Parinacota, Tarapacá, Antofagasta, Atacama e o norte da de Coquimbo; cobre unha superficie aproximada de 105.000 km². Ten unha lonxitude de case 1.600 km e un ancho máximo de 180 km.​ Está delimitado polo océano Pacífico ao oeste e pola cordilleira dos Ándes ao leste.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Relaciona as seguintes capitales cos seus países americanos:

1. Bogotá                       a. Canadá

2. Quito                          b. Venezuela

3. Ottawa                       c. Uruguai

4. Caracas                     d. Colombia

5. Montevideo               e. Ecuador    

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org             Imaxe: es.wikipedia.org e freepik.es     

0 comentarios