CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? IX
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-d, 2-e, 3-a, 4-b e 5-c. Bogotá é a capital de Colombia, Quito é a capital de Ecuador, Ottawa é a capital de Canadá, Caracas é a capìtal de Venezuela e Montevideo a capital de Uruguai.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Estados Unidos está composto por…
- 48 estados e 1 distrito federal
- 49 estados e 2 distritos federais
- 50 estados e 2 distritos federais
- 50 estados e 1 distrito federal
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios