CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XI
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é 32 entidades federativas. De acordo con a constitución vixente en México, a súa forma de goberno consiste nunha república representativa, democrática, laica e federal, composta por 32 entidades federativas (31 estados e a capital). A saber: Auguasquentes, Baixa California, Baixa California Sur, Campeche, Coahuila de Zaragoza, Colima, Chiapas, Chihuahua, Cidade de México, Durango, Guanajuato, Guerrero, Hidalgo, Xalisco, México, Michoacán, Morelos, Nayarit, Novo León, Oaxaca, Puebla, Querétaro, Quintana Roo, San Luis Potosí, Sinaloa, Sonora, Tabasco, Tamaulipas, Tlaxcala, Veracruz, Yucatán e Zacatecas.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é a illa máis grande do continente americano?
- Illa de Cuba
- Illa de Groenlandia
- Illa de Baffin
- Illa de Terranova
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Benoit Lecavalier/elconfidencial.com
0 comentarios