Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? XI

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Deserto do Gobi. É unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. Esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1.300.000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a Relixión maioritaria de Asia?

- Islam

- Induismo

- Budismo

- Xudaísmo

- Cristianismo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: redhistoria.com

0 comentarios