ENCRUCILLADO CXVII
VERTICAIS: 1. Paxaro da familia dos aláudidos, da que existen varias especies, de cor parda e canto melodioso que emite durante o voo 2. País onde se celebrará a COP28 en 2023 4. Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal galego, que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura 7. Árbore de gran tamaño da familia das pináceas, propia de lugares frescos e elevados, coa casca e a madeira de cor abrancazada, gallas horizontais, follas en forma de agulla e copa cónica.
HORIZONTAIS: 1. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente a comarca de Caldas, coñecido polas súas augas termais e o seu balneario 2. País no que se celebrou iste ano a COP27 3. Golpe dado na cara coa man aberta 5. Capital de Armenia 6. Peixe da familia dos gádidos de ata dous metros de lonxitude, barbas na queixada inferior e cor acastañada no dorso e abrancazada no ventre, que ten por nome científico Molva molva 8. Buque petroleiro monocasco liberiano, que operaba baixo bandeira das Bahamas, construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia.
0 comentarios