CANTO SABES SOBRE ASIA? XII
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Budismo. A relixión maioritaria de Asia é o budismo, practicada principalmente no leste e sueste asiático (abarcando desde o norte da India e o Himalaia ata o Xapón), aínda que en moitos países é practicado de forma sincrética á beira doutra relixión nacional (taoísmo, confucianismo e relixión tradicional chinesa na China por exemplo, xintoísmo no Xapón etc.). De preto séguelle o Islam, predominante no Medio Oriente e a Asia Central (desde a península do Sinaí ata Paquistán) máis Malaisia e Indonesia. O hinduísmo é outra das grandes relixións de Asia aínda que máis xeograficamente concentrada, é maioritario só na India e no Nepal, pero con minorías en moitos países asiáticos. O xudaísmo é maioritario en Israel (único país no mundo onde é maioría), e o cristianismo é maioritario só en Filipinas e Timor Oriental, e ten unha alta porcentaxe en Corea do Sur, pero ten importantes minorías en toda Asia, por exemplo no Líbano.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. A Guerra de Vietnam, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 a…
- Vietnam do Norte e China
- Vietnam do Sur e EE UU
- Vietnam do Norte e Vietnam do Sur
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Nick Ut/AP/cnnespanol.cnn.com
0 comentarios