Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? XIII

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. A guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas ata a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría. As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia e Tailandia, mentres que Alemaña, Irán, Marrocos, o Reino Unido e Suíza contribuíron con subministracións materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos Estados Unidos foron enviados por Taiwán e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitaria.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América, pondo punto final a II Guerra Mundial. Pero cal das dúas foi a primeira?

- Hiroshima

- Nagasaki

- As dúas no memo día

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: George R. Caron/es.wikipedia.org

0 comentarios