Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL

Alfred B. Nobel / Imaxe: es.wkipedia.org

Neste días estaños coñecendo os galardoados nos Premios Nobel 2020. A orixe destes premios remóntase ao 27 de novembro de 1895: Alfred B. Nobel asinou o seu último testamento, doando a maior parte da súa fortuna a unha serie de premios en Física, Química, Fisioloxía e Medicina, Literatura e Paz. Así naceron os Premios Nobel. Un testamento que causou unha grande controversia, non só para a súa familia, que se opuxo ao establecemento do Premio Nobel, senón tamén pola opinión pública a nivel internacional. En 1968 incorporouse o Premio de Ciencias Económicas, e desde entón, recoñeceron o labor de case 600 galardoados. Investigadores e literarios cuxa achega merece un oco nunha listaxe histórica, no que figuran nomes tan ilustres Albert Einstein, Alexander Fleming, Martin Luther King  Jr., Marie Curie...

Propónoche un cuestionario para por a proba os teus coñecementos sobre os Premios Nobel. Anímaste? Pois empezamos!

1. En que ano se entregou o primeiro Premio Nobel?

- 1901

- 1902

- 1903

- 1914

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios