CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III e que foron erixidas hai uns 3.400 anos. O faraón Amenhotep III ou Amenofis III, da dinastía XVIII, gobernou do c. 1390/1 a 1353/2 a. C). A función orixinal dos colosos foi a de presidir a primeira entrada do tres pilonos existentes no complexo funerario de Amenhotep III: unha inmensa construción realizada en vida do faraón, onde adorábase como un deus na Terra.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. Cal é a maior pirámide contruída no Antigo Exipto?
- Micerino
- Keops
- Kefrén
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios