Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO VIII

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Pitágoras. (Samos, c. 5702​-Metaponto, c. 490 a. C.) foi un filósofo e matemático grego considerado o primeiro matemático puro. Contribuíu de maneira significativa no avance da matemática helénica, a xeometría e a aritmética, derivadas particularmente das relacións numéricas e aplicadas, por exemplo, á teoría de pesos e medidas, á teoría da música ou á astronomía. No referente as fabas, esta indefensa planta herbácea estivo considerada na Antigüedad como símbolo dos mortos, e colleu tan mala fama porque as fabas eran as primeiras en saír na primavera, e por tanto considerábase a primeira ofrenda dos mortos aos vivos; o símbolo do seu reencarnación. Pitágoras, ademais de pola simboloxía funeraria xa dita, odiaba as fabas porque dicía que se parecían ás portas do Hades, o mundo dos mortos. A súa obsesión levouna ata o final, porque ao parecer morreu por negarse a atravesar un campo de fabas cando fuxía do discípulo que o tentaba asasinar. E alcanzouno. Acabouse Pitágoras. 

E imos coa pregunta de hoxe! 

8. Houbo un tempo que subsistiu a base de té quente, pan e manteiga...

- Marie Curie

- Mary Anning

- Chien Shiung Wu

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e muyinteresante.es

0 comentarios