Blogia
vgomez

MERGULLADOR ATOPA UN SUBMARINO NAS PROFUNDIDADES DO OCÉANO II

Como pensara nun principio, a escotilla abriuse sen demasiados problemas. A ingravidez de estar baixa a auga realmente axudou a Carter nese sentido. 

As últimas burbullas de aire parecían escapar do vello submarino mentres se precipitaban xunto á cara de Carter. Sentiu que estaba a piques de entrar en algo escuro e ominoso, pero impulsouse para continuar sen saber en que se estaba metendo.

Respirou fondo, tratando de acougar os seus nervios. Asegurándose de que a súa inxesta de osíxeno era normal. Ao abrir a escotilla, estivera aguantando a respiración, e cando se está baixa a auga, aguantar a respiración nunca é unha boa idea.

Entrou lentamente, usando a súa lanterna para ter un mellor control do que vía, xa que pronto levaría o susto da súa vida.

Carter nunca estivera dentro dun submarino, polo que entrar nun completamente mergullado era especialmente desalentador. Xa entrara nun naufraxio, pero non era tan estreito como este.

A medida que penetraba, podía ver corais e varios peixes que se abriron paso a través da rotura do casco.

Pero cando a súa mirada fixouse máis, atopouse cun espectáculo sorprendente.

Continuara...

FONTE:  justperfact.com

0 comentarios