EMILIO BOB ESPONJA
Emilio Cuartero / Imaxe: Xornal ABC
Un barrendeiro da empresa FCC, Emilio Cuartero, de 48 anos, leva tres anos parándose durante só uns minutos, na metade da súa ruta diaria pola zona de Valverde de Madrid, fronte á porta do colexio Las Tablas para despertar aos alumnos máis pequenos do centro ao berro de "¿Quién vive en una piña debajo del mar?". E eles fanlle os coros: "Bob Esponja, Bob Esponja".
Algo entrañable nos tempos que corren, que manifesta que aínda hai boa xente!
1 comentario
Carlos Sobrino Alonso -