CANTO SABES DE XAMAICA? VIII
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é Río Minho. Este río çe o máis longo de Xamaica con 92,8 quilómetros. Nace preto do centro xeográfico da illa, flúe xeralmente cara ao sur-suroeste e chega ao mar Caribe na baía de Carlisle na costa centro sur, ao oeste do punto máis ao sur da illa, Portland Point.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Esta illa caribeña agora coñecida como Xamaica, foi colonizada polos pobos arawak e taínos. O explorador Cristóbal Colón descubriuna en 1494 e reclamouna para a Coroa de Castela. Despois de 146 anos de dominio español pasou a mans británicas. Pero cando acadou a súa independencia?
- 1.945
- 1.955
- 1.962
- 1972
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e dothereggae.com
0 comentarios