Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XV

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é I a. C.. A integración de Galicia no Imperio Romano prodúcese durante o mandato do emperador César Augusto no século I a.C., formando parte da provincia Tarraconense baixo a autoridade do emperador e dun procurador designado para o territorio de Asturiae e Gallaeciae. Non será ata o século III d.C. cando o emperador Caracalla constitúa a Provincia Nova Citerior desde o Douro ata Cantabria, que será reformada no ano 305 por Diocleciano recibindo o nome de Gallaecia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. As termas romanas eran baños públicos da civilización romana, cuxo uso non era unicamente a hixiene, senón que tamén eran consideradas lugares de reunión e de actividades ximnásticas e lúdicas. Relaciona as seguiontes estancias coas actividades que nelas se realizaban:

1. Apodyterium         a. Unha habitación seca e de descanso

2. Frigidarium           b. Baño quente

3. Tepidarium            c. Habitación onde o bañista gardaba a súa roupa

4. Caldarium              d. Baño morno

5. Laconium               e. Baño fío

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historyofspain.es  e beaire.com/es      Imaxe: historiasdelahistoria.com

0 comentarios