Blogia
vgomez

CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA? VII

Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.500.000 habitantes. Exactamente 1.584.801 habitantes. A modo comparativo, para que te fagas una idea, algo máis que Aragón (1.352.630 habitantes) e moito máis que Cantabria (593.386 habitantes) e moito menos que a nosa comunidade: Galicia (2.715.424 habitantes).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cantos municipios ten a Rexión de Murcia?

- 35

- 45

- 55

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: macros.expansión.com e es.wikipedia.org        Imaxes: econet.carm.es e es.wikipedia.org

0 comentarios