Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? XV

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Paquistán. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1.046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. A súa capital é Islamabad.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Na imaxe superior tes a bandeira e o escudo dun país sen saída ao mar ubicado en Asia do Sur, xeográficamente ubicado no Himalaia. De que país estamos a falar?

- Bangladés

- Myanmar

- Nepal

- Bután

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios