CANTO SABES SOBRE ASIA? XVIII
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Apoximadamente 21.000 km. Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21.196 km de longo, desde a fronteira con Corea, á beira do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros. A Gran Muralla Chinesa é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. Macau é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Ata o 20 de decembro de 1.999 estivo baixo a soberanía dun país europe. Cal foi este país?
- España
- Francia
- Portugal
- Reino Unido
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: elrincondesele.com
0 comentarios