Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXVIIII

ENCRUCILLADO CXVIIII

VERTICAIS: 1. Concello da provincia de Lugo, da comarca de Sarria, pasoobrigado para os peregrinoa cara a Compostela, onde se atopa o mosteiro benedictino de San Xulián 4. Mineral cristalino de cor verde amarelada, constituído por un silicato de ferro e magnesio e que se atopa xeralmente ente as rochas volcánicas 6. Abadexo pequeno 8. Planta herbácea da familia das umbelíferas, con talos estriados de ata un metro, follas pinnadas, flores pequenas en umbela con pétalos brancos e froito oblongo, de nome científico Angelica pachycarpa.

HORIZONTAIS: 1. Capital de Fidxi 2. Río portugués, afluente do Miño pola esquerda, ao que se une en Camiña, fronte a nosa localidade de A Guarda 3. Células do ollo, que reciben as impresións luminosas de cor 5. Enfermidade pulmonra obstrutiva crónica 7. Extraer resina, de algunhas árbores, mediante fendas feitas no tronco 9. Persoa que actúa e se move de maneira autómata, coma se estivese hipnotizado.

0 comentarios