Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é 14. Estas nacións independentes son: Australia, Fidxi, Diribati, Illas Marshall, Illas Salomón, Micronesia, Nauru, Nova Zelandia, Palaos, Papúa Nova Guinea, Samoa, Tonga, Tuvalu e Vanuatu. Ademais, tamén a forman 14 dependencias (de países como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Nova Zelandia e Australia) e 5 territorios integrados noutras nacións non oceánicas como Estados Unidos, Chile e Indonesia.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o punto máis elevado de Oceanía?

- Mandala

- Jaya

- Trikora

- Ngga Pilimsit

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e once.es   Imaxe: mountainhikingweb.wordpress.com

0 comentarios