CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? XIII
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é No mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia. A estrutura do arrecife está composta por miles de millóns de pequenos organismos coñecidos como pólipos de coral. Pódense atopar máis de 400 especies de coral, algunhas microscópicas e outros que chegan aos 2 metros de anchura. Nas marxes externas do arrecife formanse especies viscosas con capacidade de resistir os embates das ondas, en cambio as delicadas variedades lanceoladas deben gorecerse nas augas máis tranquilas. As formas son variadas: abanico, cúpula, cornos, flor, etc. As cores oscilan entre tons rosados, fucsia, amarelos, azuis e verdes. As augas da Gran Barreira de Coral son temperadas e soportan unha gran variedade de vida e foron seleccionadas como Patrimonio da Humanidade en 1981.
E imos coa pregunta de hoxe é última da serie!
13. Cal é a maior cidade de Oceanía?
- Camberra
- Sidney
- Melbourne
- Brisbane
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: en.wikipedia.org
0 comentarios