Blogia
vgomez

CANTO SABES DO IMPERIO ROMANO? V

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é 27 a. C. e 476 d. C.. A historia do Imperio Romano adóitase dividir en dúas etapas ou períodos: O Alto imperio (27 a. C. ata 284 d. C.). Esta é a etapa de auxe do Imperio romano, na que ten lugar a súa expansión territorial e a maioría das súas conquistas militares e O Baixo imperio (284 d. C. ata a súa caída en 476). Etapa de decadencia política e económica do imperio.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Emperador romano é o termo utilizado polos historiadores para referirse aos gobernantes do Imperio romano tras a caída da República romana. Cal foi o primeiro emperador romano?

- Nerón

- Adriano

- Augusto

- Claudio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: concepto.de  Imaxe: concepto.de

0 comentarios