CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XX
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Luis XVI. (Versalles, 23 de agosto de 1754-París, 21 de xaneiro de 1793) foi rei de Francia e de Navarra entre 1774 e 1791, copríncipe de Andorra entre 1774 e 1793 e rei dos franceses entre 1791 e 1792. Foi o último monarca antes da caída da monarquía pola Revolución francesa, así como o último que exerceu os seus poderes de monarca absoluto. As dez e cuarto da mañá do 21 de xaneiro de 1793, Luis XVI, chamado Luis Capeto polos revolucionarios, chegou ao lugar no que se atopaba instalada a guillotina, da entón chamada Praza da Revolución. Un ou dous minutos despois das dez e vinte, foi finalmente guillotinado.
E imos coa pregunta de hoxe!
20. En virtude de que tratado pasou Xibraltar a mans da cora británica?
- Tratado de Westfalia
- Tratado de Amiens
- Tratado de Utrecht
- Tratado de Versalles
Maña a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org e lamoncloa.gob.es
0 comentarios