CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XIII
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é Caligula. Caio Xulio César Augusto, máis coñecido como Calígula, foi o terceiro emperador romano, gobernando desde o ano 37 ata o ano 41. Foi un dos emperadores romanos con peor fama, era coñecido polo seu carácter errático e déspota, que finalmente o levou a ser asasinado. Tras a súa morte escribíronse numerosas historias sobre os seus caprichos e tolemias; unha das máis famosas, se nos fiamos das fontes romanas, sería a súa intención de converter a un cabalo en cónsul, unha das máximas magistraturas romanas. O animal en cuestión chamábase Incitato e era o cabalo preferido do emperador, que sentía verdadeira devoción por el. Tomaba parte nas carreiras de cabalos e Calígula durmía ao seu lado a noite anterior a unha competición; para que descansase ben se decretaba un silencio xeral e incumprilo supoñía a pena de morte. Na única ocasión na que Incitato perdeu unha carreira, Calígula ordenou executar ao auriga (o condutor do carro) o máis lentamente posible para alongar o seu sufrimento. O historiador Dion Casio describe algúns dos luxos dos que gozaba o animal, como unha alimentación a base de flocos de avea, marisco e pito; mantos de púrpura e xoiería; unha vila con serventes dedicados exclusivamente ao seu coidado; e unhas cortes de mármore con pesebres de marfil. En ocasións o cabalo comía na mesma mesa que o emperador e cando este facía brinde na súa honra, os demais comensais debían seguirlle o xogo se non querían acabar mortos. O emperador amaba ao seu cabalo coa mesma intensidade que desprezaba aos senadores romanos, aos que mostraba o seu desdén en cada ocasión que podía. Segundo o historiador Suetonio, en senllas ocasións anunciou a súa intención de nomear a Incitato sacerdote e cónsul, posiblemente para ridiculizar aos senadores e demostrarlles que o seu papel e dignidade importábanlle ben pouco e que un cabalo podía desempeñar perfectamente as mesmas funcións que eles.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. O peso da provincia de Hispania na política de Roma comezou coa colonización da península ibérica, polas súas riquezas minerais como o ouro e a prata, e agrícolas e gandeiras como o aceite, o viño e os cabalos. En tempos do Imperio Romano naceron en Hispania algún emperadores. Cantos exactamente?
- 2
- 3
- 4
- 5
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: wikiwand.com/es
0 comentarios