CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA?
Cada 6 de decembro, celebramos o DÍA DA CONSTITUCIÓN. Un día festivo que se celebra en todas as Comunidades Autónomas sin excepción.
É a primeira que se redactaba desde un amplo consenso das variadas forzas políticas e unha das máis lonxevas.
Recolle unha extensa relación de dereitos e liberdades de todos os cidadáns e consagra o Estado das Autonomías, así como o principio de separación de poderes do Estado: Executivo, Lexislativo e Xudicial.
Establece ademais que a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado, e que a forma política do estado español é a Monarquía parlamentaria.
Penso que é unha gran descoñecia para unha boa parte da poboación, polo que che propoño que sepas o que sabes sobre ela. Deste xeito coñecerémola un chisco mellor.
Anímaste? Pois alá imos!
1. Realmente, que celebramos o día 6 de decembro?
- Día no que o Rei sancionou a Constitución
- Día que se celebrou o Referendum para a súa aprobación
- Día no que entrou en vigor a Constitución
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal antena3.com Imaxe: oposapiens.com e es.wikipedia.org
0 comentarios