CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? XIII
Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ningunha confesión ten carácter estatal. O artigo 16.3 fala do estado aconfesional: “Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consecuentes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións”. Así memo indica a título individual no memo artigo, nos puntos 1 e 2: “Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantemento da orde pública protexida pola lei”, e “Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas”.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. O Senado é a cámara de representación territorial e é elexido:
- Polas Comunidades Autónomas
- Por sufraxio universal
- Por sufraxio universal e polas Comunidades Autónomas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: senado.es
0 comentarios