Blogia
vgomez

NOVA CAPA DE ROCHA FUNDIDA BAIXO AS PLACAS TECTÓNICAS

Esquema da capa de material fundida baixo a codia terrestre / Leonello Calvetti/Dreamstime

A análise de sismogramas de máis de 700 estacións permite identificar unha capa de material parcialmente derretido no manto superior, un achado que pode axudar a comprender mellor o volcanismo e os sismos terrestres.




O movemento das placas tectónicas, as enormes laxas de rocha que hai baixo os océanos e os continentes, dividen a Terra e producen os temidos terremotos, son un dos aspectos que máis interese teñen para os xeólogos. Agora, un equipo de investigadores detectou unha nova capa de material parcialmente fundido que xace xusto debaixo desas placas tectónicas, baixo a codia terrestre, tal e como detallan nunha investigación publicada este luns na revista Nature Geoscience.

Os científicos identificaran previamente a unha profundidade similar parches de material fundido, pero este novo estudo liderado desde a Universidade de Texas en Austin (EEUU) revelou por primeira vez a extensión global desta capa, que atopase a uns profundidade de 160 quilómetros respecto a a superficie terrestre e forma parte da chamada astenosfera, que é a zona superior do manto terrestre.

A idea de buscar unha nova capa no interior da Terra ocorréuselle a Junlin Hua, bolseiro postdoutoral na Escola de Geociencias Jackson de UT e líder da investigación, mentres estudaba imaxes sísmicas do manto debaixo de Turquía durante a súa investigación doutoral. Intrigado polos signos de rocha parcialmente fundida debaixo da codia, recompilou imaxes similares doutras estacións sísmicas ata que tivo un mapa global da astenosfera. O que el e outros tomaran como unha anomalía era, de feito, un lugar común en todo o mundo e aparecía nas lecturas sísmicas onde a astenosfera estaba máis quente.

"Este traballo é importante porque comprender as propiedades da astenosfera é fundamental para comprender a tectónica de placas", declarou Karen Fischer, sismóloga e profesora da Universidade de Brown, e coautora da investigación.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia                Imaxes: Nature geoscience/M.Vaquero/elmundo.es

0 comentarios