CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? XVII (FIN)
Remato coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é 6. A saber: 1812, 1837, 1845, 1869, 1876 e 1931. Indicar tamén que en 1834 promulgouse un Estatuto Real, otorgado pola rexenta María Cristina de Borbón, que non era unha Constitución, entre outras razóns, porque non emanaba da soberanía nacional senón da soberanía do rei absoluto que autolimitaba os seus poderes por propia vontade.
E así remato esta serie, que terá continuación, e que o único que pretendeu unha aproximar a carta magna un pouco máis a cada un de nós.
Ata a próxima serie!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: unprofesor.com
0 comentarios