ANIMAIS EXTINTOS XII
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do Tigre de Tasmania, hoxe tócalle o turno á...
12. Smilodon
Smilodon foi un dos mamíferos prehistóricos máis populares debido aos seus enormes cairos. Un exemplar adulto podía pesar entre 55 e 300 quilogramos. Incorrectamente chamado tigre dentes de sabre (pois é unha especie distinta do tigre actual), viviu en América do Norte durante o período Pleistoceno, pero toda a súa poboación morreu hai 10.000 anos, cara ao final da última Idade de Xeo, coincidindo coa chegada dos humanos a continentes aos que nunca antes tiveran acceso.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios