ANIMAIS EXTINTOS XIII
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do Smilodon, hoxe tócalle o turno á...
13. Uro euroasiático
Crese que o uro euroasiático (Bos primigenius primigenius) apareceu hai aproximadamente 2 millóns de anos, co Bos acutrifons, como primeiro expoñente deste xénero. Podemos consideralo o antepasado do gando doméstico. Estes animais vivían en diferentes partes do norte de África, Asia e mesmo Europa, onde adoitaba ser un dos herbívoros de maior tamaño. Considérase extinto desde 1627 debido á caza, o retroceso dos bosques e a domesticación.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios