Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XIV

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Uro euroasiático, hoxe tócalle o turno á...

14. Parrulo do Labrador

O parrulo do Labrador (Camptorhynchus labradorius) foi descuberto en 1789, e apenas 89 anos despois extinguiuse. Descoñécese a razón da súa desaparición, pero probablemente foi a caza indiscriminada. Este parrulo de varias cores de América do Norte migraba anualmente desde Nova Jersey a Nova Inglaterra. Non hai rexistros desde a recolección do último espécime en 1875.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios