PREMIO ABEL (NOBEL DE MATEMÁTICAS)
O matemático arxentino Luís Ámgel Caffarelli (Bos Aires-1948), queda absorto ao falar dun vaso con xeo. Ao derretirse os cubitos, explica entusiasmado, as súas arestas vanse redondeando, creándose aos poucos un novo mundo nesa fronteira entre o sólido e o líquido, un enrevesado universo con enerxías e xeometrías cambiantes. Caffarelli leva máis de catro décadas mergullado nese tipo de microcosmos e logrou describilos matematicamente, cada vez con maior precisión. Este mércores gañou por iso o Premio Abel, considerado o Nobel das matemáticas.
“Non podes alcanzar a verdade, pero polo menos podes achegarche a ela, á complexidade da realidade”, sinala desde a súa casa na cidade estadounidense de Austin, onde investiga desde hai un cuarto de século na Universidade de Texas. A Academia Norueguesa de Ciencias e Letras, que concede o galardón, destacou os seus resultados “tecnicamente virtuosos”, sobre todo nos chamados problemas de fronteira libre, como eses modelos matemáticos do que ocorre na superficie de contacto entre a auga e o xeo, ou nunha aliaxe de diferentes metais fundidos que se solidifican a distinto ritmo. Caffarelli tamén brillou ao profundar nas ecuacións de Navier-Stokes, que describen desde 1845 o fluxo dun fluído viscoso, como o aceite. As aplicacións do seu traballo son incalculables: a análise da circulación sanguínea dunha persoa, a predición do movemento do petróleo, a fabricación do motor dun automóbil, as matemáticas financeiras, o perfeccionamento dos modelos fundamentais que explican o universo.
Caffarelli doutorouse na Universidade de Buenos Aires en 1972 e enseguida emigrou cunha bolsa a Estados Unidos, pasando unha década no mítico Instituto de Estudos Avanzados de Princeton, no que recalou o físico alemán Albert Einstein fuxindo dos nazis. “As matemáticas vinculadas á física son as máis interesantes. Eu non son moi partidario de facer investigacións superabstractas, que só poidan entender media ducia de matemáticos”, opina o arxentino, moi vinculado a España e membro do comité científico asesor do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT), en Madrid.
FONTE: Manuel Asende/elpais.com
0 comentarios