CANTO SABES DE CUBA? XII
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Illa Juana. Colón denominou á illa de Cuba como Illa Juana en deferencia ao príncipe Juan, segundo fillo dos Reis Católicos e herdeiro da coroa.
Posteriormente, en 1494, durante a súa segunda viaxe, Colón descubriu a actual illa de la Juventud, á cal bautizou como "A Evanxelista".
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Entre finais de 1897 e comezos de 1898 instaurouse en Cuba o autogoberno autonómico. As forzas cubanas gañaban cada vez máis terreo e o exército español debilitábase rápido. Nesa situación, produciuse a intervención militar dos Estados Unidos. En 1898 o acoirazado estadounidense Maine afundiuse na Baía da Habana o 15 de febreiro, debido a unha explosión provocada por un atentado de falsa bandeira, para así intervir na guerra. O conflito concluíu coa firma dun tratado de paz, asinado o 10 de decembro de 1898 entre España e os Estados Unidos. Que nome recibiu ese tratado?
- Tratado da Habana
- Tratado de París
- Tratado de Madrid
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e nuevatribuna.es
0 comentarios