Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CUBA? XIII

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Tratado de París. Iste tratado firmado o 10 de decembro de 1898 marcou o fin da Guerra hispano-estadounidense. España perdeu as últimas colonias de América, así como as illas Filipinas e outras posesións no Pacífico. Filipinas, xunto con Guam e Porto Rico, foron oficialmente cedidas aos EUA por 20 millóns de dólares. Durante as negociacións, España tentou incluír numerosas emendas. Porén, ao final tivo que aceptar todas as imposicións estadounidenses, xa que perdera a guerra. Amais, era consciente de que o poderío armamentístico estadounidense podería ameazar outras posesións españolas en Europa e África.

O tratado foi asinado sen a presenza dos representantes dos territorios invadidos, o que provocou un gran descontento entre a poboación das excolonias. Filipinas acabaría enfrontándose aos EUA na guerra filipino-estadounidense.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Fidel Castro foi unha figura crucial de Cuba, nun principio coa loita armada contra a ditadura de Fulgencio Batista e posteriormente como Primeiro Ministro e Presidente durante case 50 anos. En que ano morreu?

- 2000

- 2008

- 2012

- 2016

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org 

0 comentarios