Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CUBA? XV

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Foi un dos ideólogos e comandante da revolución cubana. Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou o Che, naceu en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e morreu en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967.

Médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria. En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense. Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen sucedeu na Presidencia a Fidel Castro?

- Miguel Díaz-Canel

- Raul Castro

- Manuel Marrero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: lanacion.com.ar e twitter.com

0 comentarios