Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CUBA? XVIII (FIN)

Remato coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Miguel Díaz-Canel. Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez (Santa Clara, Villa Clara; 20 de abril de 1960), político e enxeñeiro cubano. Desde o 10 de outubro de 2019 é o presidente da República de Cuba e desde 2021 desempéñase como primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba. E o primeiro mandatario da illa en nacer despois da Revolución cubana. Acompáñano no goberno Salvador Valdés Mesa, como Vicepresidente, e Manuel Marrero Cruz, como Primeiro Ministro.

De esquerda a dereita: Manuel Díaz-Canel (Presidente), Salvador Valdés Mesa (Vicepresidente) e Manuel Marrero Cruz (Primeiro Ministro)

E aquí remato esta serie, que o único que pretendeu foi facer unha aproximación a Cuba, pondo ao día as preguntas básicas sobre este país.

Ata a proxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org            Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios